A CHMS e ADEGA asinan un convenio que posibilitará a formación de voluntarios ambientais e poñerá en valor a riqueza natural da conca do Miño-Sil

Convenio ADEGA

Este documento instrumenta a entrega dunha subvención de 10.000,00 € para este ano 2016
ADEGA dispón da infraestrutura e dos medios técnicos adecuados, así como da experiencia necesaria en coordinación de voluntarios

O Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, a través da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), asina un Convenio de Colaboración coa Asociación Ecoloxista ADEGA, mediante o que se entrega unha subvención de 10.000€ para o desenvolvemento dun programa de formación de voluntariado ambiental e divulgación dos valores naturais asociados á Conca do Miño-Sil.

Este Convenio foi rubricado esta tarde, na sede da CHMS, por Francisco Marín, presidente do organismo de conca; e por Virxinia Rodríguez, presidenta de ADEGA. Ambas as partes comparten o obxectivo común da defensa e promoción da sustentabilidade dos ecosistemas fluviais e consideran de gran importancia levar a cabo conxuntamente o desenvolvemento de diversas actuacións de colaboración e cooperación no ámbito do desenvolvemento sustentable e de educación ambiental.

16-04-11-firma-convenio-CHMS-con-ADEGA-para-formacion-de-voluntariado-ambiental2

Tal e como establece a Estratexia Nacional de Restauración de Ríos, é fundamental o fomento da participación cidadá e a implicación dos colectivos sociais na xestión dos sistemas fluviais, a través do que se obtén un aumento da percepción social sobre os problemas asociados ás presións aos ríos, mellora do coñecemento sobre o funcionamento e a dinámica natural dos ríos e o fomento do uso racional do espazo fluvial e o impulso do desenvolvemento sustentable do río e conca vertente.

ADEGA vén desenvolvendo desde hai anos acciones concretas no fomento e mantemento da sustentabilidade dos ríos a través do Proxecto Ríos que ten como finalidade principal dar a coñecer o papel fundamental dos ríos e das súas problemáticas ambientais, así como divulgar prácticas e comportamentos que permitan aos cidadáns o mantemento e mellora dos sistemas fluviais mediante dinámicas que fomenten a súa participación.

Neste sentido a asociacion xa dispón da infraestrutura e dos medios técnicos adecuados, así como da experiencia necesaria en coordinación de voluntarios, consolidando, ao longo dos anos, unha ampla rede de voluntariado que garante unha capacidade de difusión e repercusión das actividades realizadas.

"Desde a CHMS consideramos que a participación e colaboración na formación de voluntarios é fundamental, co ánimo de concienciar á poboación da importancia de contribuír, sobre todo, na conservación das canles, pero tamén na mellora dos ecosistemas fluviais", concluíu Francisco Marín, presidente do organismo de conca.

Descargar PDF

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.