Saúda do Presidente

Quero darvos a benvida a esta fiestra, dende ela queremos aproveitar as vantaxes que nos ofrecen as novas tecnoloxías para converter esta páxina web nunha canle de achegamento e unha oportunidade para que todos podamos ter acceso á Administración de forma fácil, áxil e participativa.

É un bo momento para unir esforzos coas distintas administracións cuxas decisións afectan os nosos ríos, pero tamén cos cidadáns deste tres comunidades autónomas e do Norte de Portugal, que abarca a nosa conca. Lembremos que os ríos son responsabilidade de todos e entre todos aprendemos a deixar de vivir de costas aos nosos cursos fluviais.

Desde o meu nomeamento como Presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, o mes de marzo de 2012, cinco anos despois do inicio da CHMS, o contacto directo cos cidadáns é un dos obxectivos fundamentais que me marquei para esta etapa.

Os ríos temos que entendelos como unha oportunidade para o futuro e por iso apostamos por traballar man a man co resto de administracións coa intención de que as nosas canles non se convertan en barreiras ou límites naturais, senón en oportunidades para colaborar e para que os máis de 835.000 españois que viven nas terras regadas por este tres grandes ríos non dean as costas ao que está considerado como o recurso máis importante do século XXI: A AUGA.

Invítovos a camiñar xuntos neste noso labor, a defensa das nosas masas de auga, un dos nosos bens máis prezados.

Francisco Marín Muñoz

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.