Sequia

Aforro de auga

sequia 1

O Presidente da CH Miño-Sil e o Vicerreitor de Coordinación da USC estableceron liñas de colaboración conxunta nunha reunión mantida esta mañá en Lugo en presenza do subdelegado do Goberno na cidade

O Presidente da CH Miño-Sil e o Vicerreitor de Coordinación da USC estableceron liñas de colaboración conxunta nunha reunión mantida esta mañá en Lugo en presenza do subdelegado do Goberno na cidade

  • O Campus Terra da USC colaborará coa CHMS na loita contra a praga dos ameneiros e no control de cianobacterias en agua doce e nun proxecto para depurar augas residuais de adegas a través de filtros verdes de plantacións e castaño en Chantada
  • A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), organismo autónomo dependiente do Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente, mantivo unha reunión de traballo coa Universidade de Santiago de Compostela (USC) para propor liñas de colaboración entre ambas instucións.
sequia

Seca

PUBLICIDAD WEB-1

ACTIVIDADES PREVIAS DO DIA MUNDIAL DA AUGA 2017 COS ALUMNOS DO CEIP O COUTO DE OURENSE

Os alumnos de 3º e 4º do CEIP O Couto, de Ourense, participan nas actividades previas promovidas pola CH do Miño-Sil, coa colaboración do Concello de Ourense e da Delegación Territorial da Xunta en Ourense. Estas actividades foron desenvolvidas na aula da Natureza de Oira, na estación de control da calidade da auga SAIH-SAICA situada na marxe esquerda do río Miño e na marxe dereita do río Lonia.

Hidroeléctrica Velle

VISITA A CENTRAL HIDROELECTRICA DE VELLE (OURENSE)

O presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, Francisco Marín, e o presidente de Deputación Provincial de Ourense, Manuel Baltar, realizaron unha visita á central hidroeléctrica de Velle, central que está “a vangarda tecnolóxica na que se sitúa a provincia de Ourense ao contar co centro de control hidrolóxico máis moderno de Europa e un dos máis importantes do mundo”, según verbas do presidente da Deputación provincial.

17-01-19-VISITA-CENTRAL-HIDROELECTRICA-DE-VELLE-OURENSE2

Desde este centro de control, dotado coa última tecnoloxía informática, de comunicacións e seguridade, contrólanse un total de 51 embalses e centrais hidroeléctricas de toda España, que se monitorizan en tempo real a través dun sistema dixital e visual que permite actuar ao instante ante calquera incidencia.
 
Estas instalacións de Velle son punteiras en Europa e converten á provincia de Ourense en lugar de referencia en tecnoloxía aplicada á enerxía hidroeléctrica.

Nesta visita estiveron acompañados polo alcalde de Muíños, Plácido Álvarez, e polos directivos de Gas Natural Fenosa, Jordi Vich, director da Unidade de Hidráulicas de España; Francisco Javier Enseñat, director de Enxeñería e Construción Hidráulica; Luis Pertierra, subdirector de Explotación de Activos Hidráulicos de España, e de Julio Antonio Soto, responsable de Gestión Hidráulica. Da man dos directivos, coñeceron os proxectos que esta empresa enerxética ten previsto levar a cabo na provincia de Ourense.

17-01-19-VISITA-CENTRAL-HIDROELECTRICA-DE-VELLE-OURENSE

Entre eles destaca a construción da Central Hidroeléctrica Reversible Salas-As Conchas, unha obra que suporá un investimento de 350 millóns de euros e permitirá xerar unha potencia de 375 megawatios.  A obra prevé a construción dunha rede de túneles de máis de 10 quilómetros de lonxitude que uniran os dous embalses, cun impacto visual e medioambiental practicamente nulo, xa que a infraestrutura irá completamente soterrada. Este proxecto abrangue aos concellos de Muíños, Bande, Lobeira, Lobios e Entrimo, e segundo os técnicos estímase un período de execución da obra de seis anos e a creación de 300 postos de traballo.

Descarga PDF

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.